"publicado no DOG"
MEDICOS FORENSES; concurso de traslados Instituto Medicina Legal de Galicia
4 de decembro de 2020
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola
que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo
xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia, para o corpo de
médicos forenses.
A presente convocatoria ten por obxecto a provisión, por concurso de traslados, dos
postos de traballo xenéricos vacantes incluídos nas relacións de postos de traballo do Instituto de Medicina Legal de Galicia.
Poderán tomar parte neste concurso os funcionarios de carreira pertencentes ao corpo de médicos forenses, calquera que sexa o ámbito territorial en que estean destinados,
que reúnan as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria
na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes de participación e os manteñan ata a resolución definitiva do concurso....
Imprimir / Compartir