AXG-CUT solicita a conexión do edificio xudicial de Ponteareas á rede de auga quente do concello

29 de xaneiro de 2021

O Concello de Ponteareas está construíndo unha rede de auga quente por biomasa que dará servizo a distintos edificios públicos (residencia de maiores, estación de autobuses, escola infantil, centro social, centro de día e concello) e na que está proxectada que en vindeiros anos se sumen máis edificios públicos.

As duras inclemencias climatolóxicas que sufrimos durante estos dous meses en Galicia, deixaron en evidencia, en particular no edificio de Ponteareas, os problemas de temperaturas, humidades e desgaste dos materiais, que sufriron traballador@s e usuari@s dos xulgados.
 
AXG-CUT ven de solicitar á DXX que realice as xestión necesarias para incorporar o edificio xudicial a este rede que discurre ao lado mesmo do xulgado.