"publicado no DOG"
No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.
Destinatari@s:
O persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das
entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración
de xustiza de Galicia; das entidades locais de Galicia; e o PAS das tres
universidades do SUG, que se encontre en situación de servizo activo (incluído
permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado
dun/dunha fillo/a ou dun familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta
convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Solicitudes:
O prazo
de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte
ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán
realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no
enderezo desde as 08.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de
solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes
entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de
matriculación.
O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de
presentación de solicitudes limítase a tres.