"publicado no DOG"
No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2021 pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
Requisitos das persoas participantes:
Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como o persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, dependente da Comunidade Autónoma de Galicia, que se atope en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade/paternidade, adopción ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.
Solicitudes e
prazos:
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55. horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limitase a tres.
ligazón ao DOG
Etiquetas:
cursos de formación
,
EGAP
,
TIC