EGAP; Curso superior de responsabilidade patrimonial da Administración pública

22 de abril de 2021


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2021 pola que se convoca o Curso superior de responsabilidade patrimonial da Administración pública e o seu seguro.

Este curso superior pretende ofrecer unha formación completa en materia de responsabilidade patrimonial derivada de danos a particulares como consecuencia do funcionamento dos servizos públicos, así como acerca do réxime xurídico aplicable ao seguro de responsabilidade patrimonial das administracións públicas.

Número de prazas: 60.
A este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,5 puntos.
Duración: 32 horas lectivas (6 horas presenciais, 18 horas de telepresenza e 8 horas de traballo autónomo do alumnado). 
Datas: do 7 de maio ao 16 de xullo de 2021.