EGAP; Actividades de formación contínua

11 de maio de 2021


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG: RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021 pola que se convocan, con carácter extraordinario, actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

Destinatarios: O persoal funcionario e o persoal laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais...
 
Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 20 de maio de 2021.
 
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.