Alternativas na Xustiza-CUT ven de solicitar á DXX que se retomen as mesas de negociación presenciais trala millora da situación sanitaria en Galicia.
Como consecuencia da pandemia da Covid-19 foron moitos os cambios nas nosas vidas e hábitos diarios; o mesmo aconteceu na vida profesional. Desde ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT consideramos que tralos meses de confinamento, utilización das máscaras, distancias sociais.... XA É HORA DE IR POUCO A POUCO VOLTANDO Á NORMALIDADE.
O propio presidente da Xunta de Galicia Alberto Nuñez Feijoo constantemente nos medios de comunicación apela á volta á normalidade o máis axiña posible, chegando a afirmar que “En julio o agosto empezaremos otra vez a poner cara a todas las personas”
Aproveitando esta coincidencia co Presidente da Xunta solicitamos retoma-las Mesas de Negociación presencias (mesas sectoriais, comisións paritarias de funcionari@s interin@s...)
Nestes momentos temos abertas negociacións moi importantes que van a afectar directamente á Administración de Xustiza Galega e aos dereitos dos traballador@s para os próximos anos:
- Substitucións-Comisións de Servizo
- Actualización do Complemento Transitorio
- Bolsa funcionari@s interin@s
- Negociación condicións da Traxectoria Profesional
- Negociación das condicións do Teletraballo
- Actualización dos permisos e licenzas
- ......
Por todo o antes exposto e a importancia que ten a interactuación entre a Administración e os Sindicatos para lograr alcanza-los mellores acordos que redunden en beneficio do Servizo Público e d@s traballador@s solicitamos que RETOMAR DE MANEIRA INMEDIATA A NEGOCIACIÓN PRESENCIAL
Ademais, a sala onde temos a reunión é o
suficientemente grande para poder mante-la distancia de seguridade e estariamos
tod@s coas máscaras.
Pablo Valeiras Rios
Responsable de AXG-CUT
Etiquetas: COVID-19 , mesa de negociación