Logo de máis de 2 anos de discriminación e tras a sinatura dun acordo ás costas dos traballadores que estivemos 3 meses en folga o TSXG deixa en evidencia aos Sindicatos SPJ-USO, UGT e CCOO.
O TSXG ven de ditar a primeira das sentenzas pola que se recoñece, como defendía AXG-CUT na súa demanda, o dereito dos funcionarios interinos a cobrar a traxectoria profesional extraordinaria igual que os funcionarios titulares.
Agora confiamos en que o TSXG tamén confirme a demanda presentada por AXG-CUT que permita que os Xestores e Médicos Forenses cobren nos mesmos prazos que os tramitadores e auxilios.
Etiquetas: #FolgaXustiza , #vendidos , traxectoria profesional , TSXG