EGAP; xornadas de formación dixital E-martes

3 de novembro de 2021


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia.

Desenvolvemento Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. 
Datas: os martes 16 de novembro e 14 de decembro de 2021.
Horario: de mañá e tarde. 
Duración: 7 horas lectivas cada xornada.

A inscrición nestas actividades formativas só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.
• Xornada E-martes de formación práctica dixital: rexistro, 16 de novembro. 
• Xornada E-martes de formación práctica dixital: rexistro, 14 de decembro.