EGAP; Webinario O reto da COVID-19 na xestión do personal nas universidades públicas

13 de xaneiro de 2022


"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2022 pola que se convoca o webinario O reto da COVID-19 na xestión do persoal nas universidades públicas.


Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia. 
 
Data: xoves 20 de xaneiro de 2022. 
Modo de impartición: telepresenza.
Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
Duración: 2 horas lectivas.

As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/ matricula. 
O prazo para inscribirse estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 17 de xaneiro de 2022.