"publicado no DOG"
Confección nóminas; corrección de erros
2 de febreiro de 2022
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 19 de xaneiro de 2022 pola que se ditan
instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración
autonómica para o ano 2022.
Advertidos erros na referida orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 13, do
20 de xaneiro de 2022, procede realizar a seguinte corrección:
Na páxina 3125, substitúese o primeiro parágrafo do punto 3 do artigo único, instrución
sexta, polo seguinte:
«3. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2022, os/as funcionarios/as ao servizo
da Administración de xustiza que teñan recoñecido o grao I do complemento adicional da
traxectoria profesional previsto no Acordo do Consello da Xunta do 25 de xuño de 2020
percibirán os seguintes importes mensuais:».
Imprimir / Compartir