EGAP; actividades formativas Plan ofimático de Galicia

1 de febreiro de 2022


"publicado no DOG"


Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2022 pola que se convocan as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza e das entidades locais, así como para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

O certificado expedido pola EGAP que acredite a superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia permitirá obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, nos termos previstos no Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Solicitudes; O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.