EGAP: Convocatoria de cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos.

25 de febreiro de 2022

"publicado no DOG"

No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2022 pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

 Requisitos das persoas participantes:

Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como o persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza.

 Solicitudes e prazos:

O  prazo de presentación de solicitudes será de 10 días a partir do día seguinte ao  da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.  

número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limitase a cinco.

Ligazón ao DOG