"publicado no DOG"
Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de língua Galega; Celga 1,2,3 e 4 no ano 2022
21 de marzo de 2022
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e xuño de 2022, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Localidade:
Santiago de Compostela; Celga 1
Celga 2
Celga 3
Celga 4
Ponferrada; Celga 2
Celga 3
Celga 4
As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.
Imprimir / Compartir