Amosando publicacións coa etiqueta curso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso. Amosar todas as publicacións

EGAP; Cursos de prevención de riscos laborais básico.

12 de marzo de 2024

"publicado no DOG"



Vense de publicar a RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2024 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.


O prazo de presentación de solicitudes será do 15 ao 25 de marzo de 2024.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. 



EGAP; cursos de idiomas.

14 de febreiro de 2024


"publicado no DOG"


Vense de publicar a RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Solicitudes e prazos 

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 26 de febreiro 2024.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres

EGAP; cursos linguaxe administrativa e xurídica galega

18 de xaneiro de 2024

"publicado no DOG"



ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Vense de publicar RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.
 
  persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula> , non sendo admisibles outras formas de solicitude

Cada persoa só poderá solicitar un dos cursos convocados.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de xaneiro de 2024.

Os formularios poderán ser obtidos e cubertos desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.

As dúbidas, as dificultades técnicas e mais as solicitudes de información serán atendidas pola EGAP a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas)


Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de língua Galega; Celga 1,2,3 e 4 no ano 2022

21 de marzo de 2022


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e xuño de 2022, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. 

Localidade:
Santiago de Compostela; Celga 1 Celga 2 Celga 3 Celga 4 
Ponferrada; Celga 2 Celga 3 Celga 4 

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

EGAP; Xornadas de Formación Dixital E-martes

19 de xaneiro de 2021


"publicado no DOG"


Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as Xornadas XII e XIII de formación práctica dixital (E-martes).

Os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

EGAP: Curso monográfico

18 de maio de 2020

"publicado na EGAP"

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2020 pola que se convoca o curso monográfico A innovación social no sector público.