Publicado "El Progreso"
A maxistrada, que se incorpora o 1 de marzo, deberá celebrar un mínimo de 50 xuízos ao mes e o sindicato considera que non será viable se non se nomea persoal dos corpos de xestión
O sindicato Alternativas na Xustiza-CUT solicita persoal de apoio para a xuíza de reforzo que se unirá aos dous xulgados do Penal de Lugo a partir do próximo 1 de marzo. Desde o sindicato recordan que opresidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez e Díaz Castroverde, anunciou o pasado 24 de febreiro —nunha visita capital lucense— que a Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial autorizara a concesión dunha praza de xuíz de reforzo para os dous xulgados do Penal de Lugo, que será cuberta pola actual titular do xulgado Mixto número 2 de Becerreá.
Segundo o plan de actuación proposto, a maxistrada deberá celebrar un mínimo de 25 xuízos ao mes en cada un dos dous xulgados e ditar 150 sentenzas ao trimestre. Con todo, Alternativas na Xustiza considera que "para a tramitación de todo ese traballo é imprescindible que a maiores da xuíza de reforzo se nomee pola propia Xunta de Galicia persoal dos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio. Para tramitación dos sinalamentos, dos xuízos, das sentenzas e das execucións", comentan, "son imprescindibles un tramitador procesual de reforzo para cada xulgado. (...)
Etiquetas: DXX , Lugo , Reforzos , TSXG