EGAP (E-martes); Rexistro electrónico na Xunta de Galicia

25 de abril de 2022


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2022 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galicia.

A xornada de formación práctica dixital (E-martes) que se desenvolverá o día 10 de maio de 2022.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. 
Data: o martes 10 de maio de 2022. 
Horario: de mañá e tarde. 
Duración: 7 horas lectivas. 
Número de prazas Cincuenta (50).

A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.