"publicado na intranet"
Textualización das gravacións. Activación do servizo nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia
3 de maio de 2022
"publicado na intranet"
Continúa a activación do servizo de textualización das gravacións das vistas no Visor EXE que comezou no mes de marzo e que está dispoñible actualmente en 53 órganos xudiciais (consúltaos aquí). Trátase dunha funcionalidade que permite obter de maneira automática o texto dos vídeos gravados nas salas de vistas e de declaracións, durante as actuacións orais dos procedementos xudiciais.
Podes consultar máis información sobre este servizo na paxina do Visor-EXE, no apartado ‘10. Textualización das gravacións das vistas’.
Ademais, nesta infografía interactiva atopas como empregar a textualización das gravacións, explicado paso a paso.
Imprimir / Compartir