"publicado no DOG"
Nomeamento do novo Director Xeral de Xustiza
17 de xuño de 2022
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; DECRETO 106/2022, do 16 de xuño, polo que se nomea director xeral de Xustiza
a José Tronchoni Albert.
En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de
normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión
do día dezaseis de xuño de dous mil vinte e dous,
NOMEO director xeral de Xustiza a José Tronchoni Albert.
Imprimir / Compartir