"publicado na intranet"
ACCEDA-XUSTIZA; Activación do sistema en piloto para a tramitación das solicitudes "Exceso de cabida en LexNet"
18 de xullo de 2022
"publicado na intranet"
Vense de publicar na intranet; ACCEDA-XUSTIZA | Activación do sistema en piloto para a tramitación das solicitudes de “Exceso de cabida en LexNET” o 18/07/2022
O luns 18 de xullo de 2022 está prevista a activación en ACCEDA-Xustiza do formulario de solicitude que permitirá aos profesionais enviar a documentación de exceso de cabida en LexNET aos seguintes órganos:
Oficina de Rexistro e Repartición Civil da Coruña.
Oficina de Rexistro e Repartición Civil de Lugo.
Oficina de Rexistro e Repartición Civil de Ourense.
Oficina de Rexistro e Repartición Civil de Vigo.
Oficina de Rexistro e Repartición Instrución de Ferrol.
ACCEDA-Xustiza posibilita a presentación telemática de documentación naqueles casos nos que os arquivos superan o peso máximo permitido en LexNET. Deste xeito, os profesionais poden achegar a dita documentación inmediatamente despois de realizar o envío, o que lle permitirá ao órgano subila ao sistema de xestión procesual, e manter así a continuidade do expediente xudicial electrónico dese procedemento.
Ademais, o profesional evita ter que acudir presencialmente para efectuar a entrega.
Lugo
Martes 19 de xullo
9:30 h
Ourense
Martes 19 de xullo
9:30 h
Vigo
Xoves 21 de xullo
9:30 h
A Coruña
Xoves 21 de xullo
9:30 h
Imprimir / Compartir