Comisión de servizos. Novas prazas

19 de setembro de 2022

"publicado na intranet"  


Vense de publicar na intranet a Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza. 

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet.