Nova convocatoria para a obtención dos certificados de lingua Galega

12 de setembro de 2022



"publicado no DOG"


Vense de publicar no  DOG a resolución do 29 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022.

Mediante a Resolución do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística (DOG núm. 54, do 18 de marzo), convocáronse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega dos niveis 1, 2, 3 e 4, que tiveron lugar en maio e xuño deste ano. Co fin de seguir atendendo a demanda cidadá neste ámbito, considérase necesario efectuar unha segunda convocatoria destas probas en 2022.

As probas terán lugar na segunda quincena de novembro ou primeira de decembro de 2022, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.

Resolución completa na seguinte ligazón.