EGAP; xornadas de formación práctica dixital E-martes

25 de outubro de 2022


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2022 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública.

As persoas destinatarias desta actividade son: O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Desenvolvemento Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. 
Data: o martes 8 de novembro de 2022. 
Horario: de mañá e tarde. Duración: 7 horas lectivas. 
Número de prazas Cincuenta (50).

A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 3 de novembro de 2022. Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.