Tralo inicio da mudanza dos xulgados de Vigo ao novo edificio da Cidade da Xustiza, Pablo Valeiras, voceiro de AXG-CUT fai unha valoración inicial no programa de Radio Voz, "Voces de tu ciudad"
Pregunta: Que información lle transmitiu a Xunta de Galicia ou quen fora que lle informara do traslado esta mañá na reunión que mantiveron?
Pablo Valeiras: A visita a guiou o propio Director Xeral de Xustiza e bueno, estivemos un pouco por todo o edificio xudicial, por todas as plantas vendo un pouco como está distribuido e xa podemos sacar as primeiras conclusións.
P: Cóntanos como se está organizando, en primeiro lugar a mudanza, logo falaremos do edificio.
P.V: A mudanza é que a día de hoxe a empresa leva xa varios días polos xulgados de vigo, é decir, polos antigos xulgados de vigo, pois transportando material e en principio, bueno, aí non temos ningunha queixa porque a verdade que o funcionamento a día de hoxe é certo que só pasou un xulgado e todavía queda o groso, pero en principio co primieiro xulgado non houbo ningún problema nin incidencia especialmente reseñable.
P: Calculades que o que dí a Xunta de que non vai afectar á programación de xuízos, calculades que eso vai poder ser así?
P.V.: Temos dúbidas. É certo que despois de que dende Alternativas presentamos un escrito anunciando a posibilidade de problemas á hora dos xuízos por que os xustizos en xustiza e as declaracións se lle poñen data con igual tres ou catro meses de antelación e tiñamos medo, temos medo de que pode haber algún problema. A raíz disto o que fixo a Xunta foi habilitar tanto as salas de arriba do edificio novo como no vello. Esperemos que eso poda impedir que existan os problemas de que a xente chegue e se teña que suspender a sala. Que pode provocar problemas que a xente vaia a un edificio cando ten que ir ao outro. Iso quizáis é o problema que nós tememos, que o cidadán poda verse un poco prexudicado porque ademais, non quedan cerca os edificios como para cando é un erro haberá que chamar á xente "non que vai para abaixo ou non sei que"; un pouco eso é quizais o que nos preocupa neste momento.
P: non hai data para o primeiro xuízo ou sí? O primero digo na cidade da xustiza
P.V. Non sabería decirche. Seguramente o contencioso numero 1 xa ten que facer os xuízos arriba seguro por que xa ten todo material arriba, xa ten o expediente dixital para traballar con el arriba polo tanto, non podería decir agora data pero seguramente non tardará moito.
P: no que ten que ver co edificio, o que puidestes comprobar hoxe nesa visita co Director Xeral de Xustiza polas instalacións, que vos parece a nova cidade da xustiza;
P.V.: Pois nós viñamos denunciando dende fai tempo que o edificio, o mellor do edificio é o envoltorio é dicir a estética do edificio, que ninguén pode negar que é un edificio moi bonito pero que a nivel práctico, sinceramente, viñamos denunciando a falta de espazo; que é increíble que 50 millóns de euros despois e seis anos despois do seu inicio resulta que agora temos menos espazo, non só para os traballadores si non incluso para a cidadanía. Ao chegar unha das cousas que máis nos chamou a atención e e das cousas que máis protestaban os compañeiros que foron do contencioso numero 1, que o ascensor sae directamente diante das mesas de traballo. Non hai ningún mostrador onde a xente poda asinar, onde poda parar, sabes como funcionan os xulgados que moitas veces sobre todo nos de instrución que hai moito movemento de persoal, de xente que vén de fóra para dilixenciasm para xuízos pois non hai ningún tipo de parapeto para evitar que a xente esté en medio.
A segunda cousa que máis protestaban os traballadores, e que ten moi dificil solución, e que nós criticábamos que nos se nos tuvera en conta no seu día, é que é como un tetris; no xulgado o espazo é tan pequeno que para moverse un compañeiro ten que pedir permiso ao compañeiro do lado para mover a silla porque non hai espazo para moverse, e claro non é preocupante; é que non ten forma de salvarse, xa que o espazo que hai é o que hai. O edificio é moi alto pero non é o ancho que necesita o edificio.
(... Escoita a entrevista completa a continuación)
Etiquetas: cidade da xustiza Vigo