EGAP; webinario O inaprazable reto da remuda xeracional da función pública
15 de novembro de 2022
"publicado no DOG"
Data: 24 de novembro de 2022.
O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da
publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 21 de
novembro de 2022.
Etiquetas:
cursos de formación
,
DOG
,
EGAP
,
webinario
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2022 pola que se convoca o webinario
O inaprazable reto da remuda xeracional da función pública no marco dos
desafíos do sector público na terceira década do século XXI.
Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo
activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas
instrumentais e da Administración institucional, así como da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia
Modo de impartición: telepresenza.
Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.
Duración: 2 horas lectivas.
Número de prazas
Cen (100).
As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal@matrícula>.
Imprimir / Compartir