EGAP; Práctica dixital E-martes, Rexistro Electrónico
9 de decembro de 2022
Vense de publicar no DOG RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2022 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia.
As persoas destinatarias desta actividade son: O persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida. A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.
Desenvolvemento
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. Data: o martes 13 de decembro de 2022.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas.
A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 11 de decembro de 2022.
Imprimir / Compartir