Provisión polo sistema de libre designación posto de traballo Valedoría do Pobo

19 de decembro de 2022


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de administrativo/a de secretaría.

Vista a proposta formulada pola xefa do Servizo de Administración e Persoal para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de administrativo/a de secretaría da Valedoría do Pobo.

As características do posto son as seguintes:
 
1. Grupo de titulación: C (subgrupo C1). 
2. Nivel de complemento de destino: 20. 
3. Administración: pertenza como persoal funcionario/a de carreira ao corpo administrativo. 
4. Titulación: a correspondente ao grupo de pertenza. 
5. Complemento específico: 17.401,91 €.
6. Funcións que se van desenvolver: asistencia administrativa e directa á persoa titular da Valedoría do Pobo, atención directa á cidadanía, xestión a través do rexistro, da recepción e saída de documentos, elaboración, recompilación e ordenación de documentación derivada da actividade da institución, apoio na alimentación e explotación das bases de datos, edición e transcrición, e actualización dos contidos da páxina web da institución. 
7. Centro directivo: Valedoría do Pobo.

O persoal funcionario interesado poderá presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral da Valedoría do Pobo, rúa do Hórreo, 65, Santiago de Compostela, ou en calquera dos lugares indicados na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.