Retribucións, incremento do 2,5 %
30 de decembro de 2022
"publicado no DOG"
Etiquetas:
Retribucións
Vense de publicar no DOG aLEI 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.
O capítulo II, baixo a rúbrica «Dos réximes retributivos», establece que as retribucións dos altos cargos e outro persoal directivo, así como as das persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior, do persoal funcionario, do persoal laboral, do persoal ao servizo das institucións sanitarias e do persoal dos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza experimentarán un incremento do 2,5 por cento en relación coas vixentes o 31 de decembro de 2022, así como a posible aplicación dos incrementos adicionais previstos no Proxecto de lei de orzamentos xerais do Estado. Tal e como se establece na disposición adicional oitava, estes incrementos serán aplicables no momento en que o habilite a normativa da Administración xeral do Estado.
Imprimir / Compartir