"publicado no DOG"
EGAP; Conferencia A administración dixital
23 de xaneiro de 2023
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2023 pola que se convoca a conferencia A
administración dixital.
O obxectivo desta conferencia é analizar os efectos da transformación dixital nas organizacións públicas.
Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo
activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas
instrumentais e da Administración institucional, da Administración local, da Administración
de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como a profesionais
e persoas interesadas en xeral.
Desenvolvemento
Lugar: salón de actos da EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Modalidade: presencial.
Data: 27 de xaneiro de 2023.
Horario: de mañá.
Horas lectivas:
Número de prazas
Limitado pola capacidade do local.
Inscrición: As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>
O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do día seguinte á
publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 25 de
xaneiro de 2023.
Poderá obterse calquera outra información a través do correo electrónico iep.egap@
xunta.gal ou, das 9.00 ás 14.00 horas, no teléfono 881 99 71 74.
Imprimir / Compartir