Comisión de servizo; Convocatoria para a provisión de postos de traballo

19 de xaneiro de 2023


"publicado na intranet"


Saíu publicada a Resolución do 18 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza. 
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet.

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es/, de conformidade co artigo 6 da resolución do 21 de marzo de 2022.