EGAP; Cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega

25 de xaneiro de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no BOE; RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2023 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

Co obxecto de impulsar a normalización lingüística na Administración convócanse vinte e sete cursos de linguaxe administrativa galega e tres de linguaxe xurídica galega. 
O número de prazas por curso será de 25. 
Os cursos impartiranse segundo se indica a seguir:
Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, institucións e entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

Para optar ao curso superior:
 – O curso medio de linguaxe xurídica galega, ou o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no artigo 5.2 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño). 
Para optar ao curso medio
– O Celga 4, ou os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, ou o curso básico de linguaxe administrativa galega, ou o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria, segundo se establece no artigo 3.4 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño). 

As persoas solicitantes dun curso na modalidade de teleformación deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos: 
– Un ordenador con conexión á internet. 
– Calquera navegador web actualizado

O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP https://egap.xunta.gal/matricula, non sendo admisibles outras formas de solicitude. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet https://egap.xunta.gal/matricula unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. As persoas que, de seren seleccionadas, desexen recibir os correspondentes avisos deberán facilitar unha conta de correo electrónico e un número de teléfono móbil.