Aprobado polo Consello Reitor o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2023, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP,
RESOLVO: Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que se
deberán desenvolver segundo as bases detalladas no anexo I.
Poderán
participar nas actividades formativas convocadas mediante esta resolución o
persoal empregado público e as persoas integrantes das bolsas de interinos dos
corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa,
auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en
situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso
por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os
requisitos establecidos nesta convocatoria.
O
prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da
publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de marzo
de 2023. As solicitudes de participación nas actividades formativas só se
poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no
enderezo
O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.