EGAP; Cursos prevención riscos laborais de nivel básico

16 de marzo de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2023 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Poderán participar nesta actividade formativa os empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais. 

A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>


O prazo de presentación de solicitudes será do 17 ao 27 de marzo de 2023.