EGAP; Corrección de erros

10 de xullo de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de maio de 2023 pola que se fan públicas as bases e as condicións xerais de participación nas actividades formativas. 

Advertido un erro na referida resolución, publicada no DOG número 96, do 23 de maio de 2023, cómpre facer a seguinte corrección: 

– Na páxina 31135, onde di: «6º. Terán dereito preferente a ser seleccionadas as persoas que, nos dous anos anteriores á súa solicitude para cursar unha actividade da EGAP, non fixesen cursos por ter desfrutado dalgún permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral ou dunha excedencia para o coidado de familiares», debe dicir: «6º. Terán dereito preferente a seren seleccionadas as persoas que, nos dous anos anteriores á súa solicitude para cursar unha actividade da EGAP, desfrutasen dalgún permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, ou dunha excedencia para o coidado de familiares».