Comisión de Servizo; nova convocatoria de prazas

6 de outubro de 2023

"publicado na intranet"

Vense de publicar na intranet; Comisión de servizo. Convocatoria para a provisión de postos de traballo 6/10/23.

Saíu publicada a Resolución do 6 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza. 

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet.