EGAP; Webinario IA

13 de outubro de 2023


"publicado no DOG"



Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2023 pola que se convoca o webinario Intelixencia Artificial para a modernización dos sistemas de selección e xestión de persoal.

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia. 

Data: 19 de outubro de 2023.

Modo de impartición: telepresenza. 

Horario: das 12.00 ás 14.00 horas.

Duración: 2 horas lectivas. 

Prazo para a inscrición  desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 17 de outubro de 2023.