"publicado no DOG"
AX; quenda libre. Relación de prazas no ámbito da C.A. Galicia
16 de outubro de 2023
"publicado no DOG"
Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola
que se fai pública a relación de prazas que se lles ofrecen ás persoas aprobadas,
correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, nas probas
selectivas para o ingreso no corpo de auxilio xudicial da Administración de
xustiza, quenda libre, convocadas pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro.
ANEXO 1; relación de prazas por orde alfabético que se lles ofrecen
ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso polo sistema xeral
de acceso libre no corpo de auxilio xudicial convocado pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de
decembro.
As solicitudes formalizaranse consonte o modelo que aparece como anexo II
desta resolución, de acordo coas seguintes instrucións:
a) No modelo de instancia poderá relacionarse ata o máximo dos órganos xudiciais
ofertados, indicando o órgano, a función, a localidade e a provincia. Coa soa petición dun
órgano xudicial enténdense solicitadas todas as prazas ofertadas nel.
b) Procederase á adxudicación de destinos segundo a orde obtida pola persoa aspirante
en todo o proceso selectivo e pola prioridade establecida.
c) De non formular solicitude de prazas ou non lle corresponder ningunha das relacionadas na súa instancia por non solicitar un número suficiente de prazas, procederase a
destinalo/a, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas seguindo a orde
alfabética de localidades publicada no Boletín Oficial del Estado.
Non se poderá anular nin modificar a solicitude unha vez rematado o prazo de
presentación destas.
Imprimir / Compartir