"publicado no DOG"
EGAP; Webinario Responsabilidade patrimonial e Covid-19
25 de outubro de 2023
"publicado no DOG"
RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2023 pola que se convoca o webinario Responsabilidade patrimonial e COVID-19.
Aprobado polo Consello Reitor o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2023, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo,
RESOLVO:
Convocar, .. o webinario Responsabilidade patrimonial e COVID-19,
Primeira. Obxectivos
O obxectivo principal deste webinario é abordar a responsabilidade patrimonial por danos como consecuencia das medidas administrativas impostas durante a COVID-19
Segunda. Persoas destinatarias
Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
Terceira. Desenvolvemento
Data: mércores 15 de novembro de 2023.
Modo de impartición: telepresenza.
Horario: das 12.00 ás 14.00 horas. Duración: dúas horas lectivas.
Cuarta. Número de prazas
Cen.
Quinta. Inscrición
1. As solicitudes de participación nesta actividade formativa só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>.
O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do día 9 de novembro de 2023.
Imprimir / Compartir