CAX quenda libre. Destinos e toma de posesión

4 de decembro de 2023

"publicado no DOG"


RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan destinos aos/ás funcionarios/as do corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza (quenda libre), que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Primeiro. Os/as funcionarios/as do corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza aos/ás que se lles outorga destino deberán tomar posesión do seu cargo no correspondente departamento/delegación territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes dentro do prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución...

Segundo. Os/as funcionarios/as destinados/as en virtude desta resolución que pertenzan xa ao corpo de xestión procesual e administrativa ou de tramitación procesual e administrativa e que opten por continuar en activo nalgún dos ditos corpos non será necesario que se despracen a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado, pois abondará con que dentro do prazo de toma de posesión sinalado no punto primeiro comuniquen, se for o caso, á xerencia territorial correspondente ou ao órgano competente das comunidades autónomas con traspasos recibidos á dita opciónción no Boletín Oficial del Estado...

Terceiro. En caso de que os/as funcionarios/as opten por ingresar no corpo de auxilio xudicial e queiran evitar un baleiro na continuidade dos seus servizos na Administración de xustiza, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderán solicitar da xerencia territorial, ou do órgano competente da comunidade autónoma correspondente ao seu destino como funcionarios/as do corpo de xestión procesual e administrativa ou de tramitación procesual e administrativa, un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade, ou de dous en caso contrario, agás aqueles/as que teñan que se desprazar desde Canarias, Baleares, Ceuta ou Melilla, en cuxo caso o permiso poderá ser de ata tres días para tomar posesión do seu novo cargo...

Cuarto. En calquera caso, unha vez dilixenciada a toma de posesión remitiranse exemplares do documento F1R para que se proceda ás oportunas variacións en nómina: un deles será enviado ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Acceso e Promoción do Persoal da Administración de Xustiza, outro exemplar será entregado ao/á interesado/a e outro quedará para constancia no órgano xudicial. 

Quinto. Os/as funcionarios/as interinos/as que actualmente ocupen prazas que fosen adxudicadas aos aspirantes aprobados cesarán o mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular....

Accede ao contido completo premendo no enlace