Formación do Instituto de Economía Pública de Galicia.

22 de febreiro de 2024

"publicado no DOG"

Vense de publicar a RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024 pola que se convocan actividades de formación continua do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP) para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

- O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 4 de marzo de 2024. 

- As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>  desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. 

- O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres.

A totalidade das prazas de cada actividade formativa repartiranse nun 70 % para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; nun 10 % para o persoal das entidades locais; outro 10 % para a Administración de xustiza de Galicia, e o 10 % restante para o PAS das universidades galegas do SUG.