Rexistro Civil; horario especial e condicións de traballo.
15 de febreiro de 2024
Vense de publicar a RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que
se regulan o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas do Rexistro
Civil da Coruña, de Vigo, de Santiago de Compostela, de Ferrol, de Lugo, de
Ourense e de Pontevedra.
Esta resolución será de aplicación mentres non se aproben as respectivas relacións de
postos de traballo do persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa,
de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial dependentes da Comunidade
Autónoma de Galicia que presten servizos no Rexistro Civil Único da Coruña e no de Vigo,
así como nos órganos xudiciais que teñan adscrito o rexistro civil nas cidades de Santiago
de Compostela, de Ferrol, de Lugo, de Ourense e de Pontevedra que voluntariamente
opten por unha xornada de mañá e tarde incentivada economicamente, e coas compensacións horarias que se establezan nesta resolución
Imprimir / Compartir