CTPA, quenda libre. Adxudicación destinos, posesión.

15 de marzo de 2024

"publicado no DOG"


Vense de publicar RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan destinos aos/ás funcionarios/as do corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda libre) que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.


Os/as funcionarios/as do corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza aos/ás que se lles outorga destino deberán tomar posesión do seu cargo no correspondente departamento/delegación territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes dentro do prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado

Os/as funcionarios/as destinados/as en virtude desta resolución que pertenzan xa ao corpo de xestión procesual e administrativa ou de auxilio xudicial e que opten por continuar en activo nalgún dos ditos corpos non será necesario que se despracen a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado, pois abondará con que dentro do prazo de toma de posesión sinalado no punto primeiro comuniquen, se for o caso, á xerencia territorial correspondente ou ao órgano competente das comunidades autónomas con traspasos recibidos a dita opción, para os efectos da declaración de excedencia voluntaria

Os/as funcionarios/as opten por ingresar no corpo de tramitación procesual e administrativa e queiran evitar un baleiro na continuidade dos seus servizos na Administración de xustiza, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderán solicitar da xerencia territorial, ou do órgano competente da comunidade autónoma correspondente ao seu destino como funcionarios/ as do corpo de xestión procesual e administrativa ou de tramitación procesual e administrativa, un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade, ou de dous en caso contrario, agás aqueles/as que teñan que se desprazar desde Canarias, Baleares, Ceuta ou Melilla, en cuxo caso o permiso poderá ser de ata tres días para tomar posesión do seu novo cargo. Estes días considéranse hábiles, e a toma de posesión no novo destino efectuarase durante os días de permiso indicados, que se deberán gozar, en calquera caso, dentro do prazo posesorio

Os/as funcionarios/as interinos/as que actualmente ocupen prazas que foran adxudicadas aos aspirantes aprobados cesarán o mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular