EGAP; formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero.
15 de marzo de 2024
"publicado no DOG"
O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación
de solicitudes limítase a tres.
Etiquetas:
EGAP
,
formación continua
Vense de publicar RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024 pola que se convocan as actividades de
formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal
ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades
públicas instrumentais e da Administración institucional, así como do persoal da
Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das
tres universidades públicas galegas.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matrícula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e
ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha
vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes.
As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán
atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 63 35 e
981 54 62 53, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas)
Imprimir / Compartir