EGAP; cursos tecnoloxías da información e da comunicación.
2 de abril de 2024
Vense de publicar RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2024 pola que se convocan cursos sobre
tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica
e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da
Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da
Administración institucional e do persoal ao servizo da Administración de xustiza
de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación
desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 12 de abril de 2024.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e
ata as 14.00 horas da data de finalización.
O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación
de solicitudes limítase a tres.
Imprimir / Compartir