Amosando publicacións coa etiqueta Fiscalia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fiscalia. Amosar todas as publicacións

Modificación da relación de postos de traballo das oficinas fiscais.

29 de abril de 2024

"publicado no DOG"

Vense de publicar RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia

Mediante a Resolución do 26 de marzo de 2015 publicouse a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia, cuxa estrutura e organización foi determinada polo Decreto 124/2014, do 11 de setembro (DOG núm. 186, do 30 de setembro de 2014) e que foi aprobada con carácter definitivo polo Ministerio de Xustiza pola Orde JUS/660/2015, do 25 de marzo (BOE núm. 92, do 17 de abril de 2015). Posteriormente, polas resolucións do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 225, do 25 de novembro de 2015), do 1 de xullo de 2020 (DOG núm. 138, do 13 de xullo de 2020), e do 7 de novembro de 2022 (DOG núm. 219, do 17 de novembro de 2022), modificouse a devandita relación de postos de traballo. 

AXG-CUT solicita a mellora nas futuras actualizacións da aplicación Fortuny

13 de xaneiro de 2022


No día de onte AXG-CUT solicitou a Fiscalía Xeral do Estado (Unidade de Apoio), a mellora constante através das actualizacións dos programas informáticos contando coas experiencias d@s traballador@s usurios, neste caso nas fiscalías Galegas.

O escrito está redactado en castelán xa que vai dirixido a Fiscalía Xeral do Estado.

Información da Mesa Sectorial 8/06/21

9 de xuño de 2021

Na Mesa Sectorial que tivo lugar hoxe e na que se ía negociar a futura bolsa de funcionari@s interin@s, aproveitamos para falar dos seguintes temas: 

OUTROS 

As denuncias nos medios de comunicación presentadas por AXG-CUT dá resultados. A Xunta levará a Comisión Mixta a posibilidade de poñer medidas de reforzo para os Xulgados de Vilagarcía, Cangas, Caldas 

Comisión de servizos para secretari@ fiscal xefe provincial Lugo e Ourense: ampliación do prazo solicitude

19 de febreiro de 2020

"Publicado na intranet"

Detalles do anuncio:

Tipo: COMISIÓN DE SERVIZO
Código interno do posto 29378
Código do posto PRC991000627001003
Denominación do posto SECRETARIO/A FISCAL XEFE PROVINCIAL

NON AOS POSTOS DE LIBRE DESIGNACIÓN!!!

17 de febreiro de 2020


No ano 2014, cando ALTERNATIVAS NA XUSTIZA aínda non tiña representación na Mesa Sectorial xa denunciamos os postos de libre designación na NOVA OFICINA XUDICIAL NA FISCALÍA.

Agora a Xunta de Galicia, tras a renuncia da anterior candidata, acaba de ofertar na súa páxina web unha comisión de servizo para o posto de libre designación na secretaría do Fiscal Xefe de Ourense.

Listaxe e baremación provisional das persoas admitidas no concurso específico para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña

18 de outubro de 2018

"publicado na intranet"


Resolución do 17 de outubro de 2018, pola que se aproba a listaxe e baremación provisional das persoas admitidas no concurso específico para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña, convocado pola Resolución do 15 de xuño de 2018.