Amosando publicacións coa etiqueta Correo electrónico corporativo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Correo electrónico corporativo. Amosar todas as publicacións

HADES: Aplicativo para o reinicio do contrasinal das contas de correo corporativas

3 de maio de 2016

Publicado na intranet xudicial


Xa está operativo para os usuarios de Xustiza o aplicativo HADES, no que poden reiniciar o contrasinal das contas de correo do dominio @xunta.es e @xustiza.gal mediante autenticación con certificado dixital.

Para o acceso, prema aquí.

Para calquera dúbida contacte co CSU de Xustiza.

Aviso importante sobre o novo servizo de correo electrónico corporativo

26 de xaneiro de 2016

Publicado na intranet xudicial.


Recórdase que se vai proceder á descontinuidade do servizo actual de correo @justicia.es a finais de xaneiro de 2016 por parte do Ministerio de Xustiza.

Para aquelas persoas usuarias que aínda non o fixeron, recórdase a necesidade de verificar o acceso á nova conta de correo.

Rógase que contacten co CSU os usarios que teñan dúbidas ou que non recibiron as súas novas credenciais no sistema @xustiza.gal.

Por outra parte, vaise proceder ao cambio automatizado dos enderezos de correo de recepción de nómina. Por favor, proceda tamén a verificar a súa conta de correo na Oficina Virtual do Empregado Público co seu certificado dixital:

(http://www.conselleriadefacenda.es/servizos-e-tramites/ov-empregado-publico/servizos-con-certificado).

Novo servizo de correo electrónico corporativo. Importar os contactos da conta de @justicia.es

28 de decembro de 2015

Publicado na intranet xudicial.


Debido á descontinuidade do servizo actual de correo @justicia.es a finais de xaneiro de 2016 por parte do Ministerio de Xustiza, a Comunidade Autónoma procederá a prestar este servizo con contas de correo @xustiza.gal.

Proximamente informarase sobre as datas de activación do servizo. Cada usuario recibirá un correo no seu enderezo actual @justicia.es no que se detallarán o procedemento a seguir cos correos que teña que conservar e mais as URLs e contrasinais para acceder ao novo servizo @xustiza.gal.

Para saber como exportar os contactos da súa conta de correo @justicia.es e importar os contactos na conta de correo @xustiza.gal siga os pasos recollidos no documento que atopará premendo na seguinte ligazón.

Novo servizo de correo electrónico corporativo

21 de decembro de 2015

Publicado na intranet xudicial.


Debido á descontinuidade do servizo actual de correo @justicia.es a finais de xaneiro de 2016 por parte do Ministerio de Xustiza, a Comunidade Autónoma procederá a prestar este servizo con contas de correo @xustiza.gal.

Proximamente detallaranse as datas de activación do servizo. Cada usuario recibirá un correo na súa dirección actual @justicia.es, no que se detallará o procedemento a seguir cos correos que teña que conservar, e as URL e contrasinais para acceder ao novo servizo @xustiza.gal