Amosando publicacións coa etiqueta fase II. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fase II. Amosar todas as publicacións

Os desprezos da DXX e a falta de medidas preventivas

27 de maio de 2020


Nesta FASE II, cunha porcentaxe presencial do 60/70% de traballadores, engadindo a neglixencia da DXX encargando medicións a persoal non cualificado, e poñendo  adhesivos no chan e non mamparas protectoras nin abastecemento de suficientes EPIs só podía ter este FIN. Cidades como Coruña e Ourense estaban onte sen EPIs para os traballadores.

Ligazóns:

LA VOZ DE GALICIA OURENSE    

                                 





Os medios de comunicación retratan o abandono da xustiza pola DXX.

Os medios de comunicación fánse eco da denuncia presentada por ALTERNATIVAS NA XUSTIZA- CUT pola falta de medidas de seguridade na implementación da FASE II da desescalada e a deixadez e abandono por parte da DXX.,

UNHA VEZ MÁIS A XUNTA PON EN RISCO A SAÚDE D@S TRABALLADOR@S

26 de maio de 2020


Despois da reunión do día de onte coa DXX para continuar a reunión do comité de saúde adiada o pasado venres, día 22, unha vez máis quedan "á luz" as eivas da DXX na prevención frente a COVID 19.

DXX. Servizos mínimos na fase II da desescalada

25 de maio de 2020

Resolución do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que, dando traslado ao ámbito da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia da Orde JUS/430/2020, do 22 de maio, se determina a fase 2 do Plan de desescalada.

O pasado 9 de maio o Boletín Oficial del Estado publicou a Orde JUS/394/2020, do 8 de maio, pola que se aproba o Esquema de seguridade laboral e o Plan de desescalada para a Administración de xustiza ante a COVID-19, logo do Real decreto lei 16/2020, do 28 de abril, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza.