Resolución do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que, dando traslado ao ámbito da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia da Orde JUS/430/2020, do 22 de maio, se determina a fase 2 do Plan de desescalada.
O pasado 9 de maio o Boletín Oficial del Estado publicou a Orde JUS/394/2020, do 8 de maio, pola que se aproba o Esquema de seguridade laboral e o Plan de desescalada para a Administración de xustiza ante a COVID-19, logo do Real decreto lei 16/2020, do 28 de abril, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza.
Etiquetas:
COVID 19
,
desescalada
,
DXX
,
fase II
,
resolución
,
servizos mínimos