A oposición por escrito de centos de funcionarios interinos e AXG-CUT en contra da MEGA BOLSA obriga a paralizala

27 de junio de 2017


Parabéns, LOGRÁMOLO!!!

Co voso apoio logramos que a Dirección Xeral solicite a opinión de todos os Sindicatos sobre as porcentaxes.

A Dirección Xeral acaba de enviar a seguinte información:

Bo día:


Con data 07.06.2017, e cara á súa inclusión na orde do día da próxima mesa sectorial, enviouse o borrador da Orde sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

O dito borrador incorporaba algunhas das alegacións formuladas polas organizacións sindicais nas anteriores mesas técnicas, que incrementaban as admitidas anteriormente.

Por outra parte, o borrador incorporaba tamén unha modificación que non foi solicitada polos sindicatos, pero que a Administración apreciou que debería incorporarse debido á evolución dos datos dos chamamentos realizados, exclusións e suspensións, das distintas bolsas actualmente en vigor. Dita modificación, consistente no incremento do número de integrantes das bolsas de traballo e reserva tense rexeitado por escrito por parte de determinadas organizacións sindicais.

Por tanto, a efectos de coñecer a opinión de todas as organizacións sindicais para manter ou reformular no seu caso as porcentaxes das bolsas, solicitamos que nos remitan as consideracións e propostas que se estimen oportunas ao respecto antes do venres 30 de xuño.

Un saúdo.