AXG-CUT solicita á DXX cronograma con todas e cada unha das mesas interesadas por este sindicato

12 de junio de 2017

O pasado día 09 de xuño, Alternativas na Xustiza-CUT remitiu escrito á Dirección Xeral de Xustiza, solicitando cronograma con todas e cada unha das mesas interesadas por este sindicato.

A continuación pódese ver o escrito ao que facemos referencia, onde ademais podedes consultar cada solicitude picando na ligazón accesible en (numero de rexistro xxxx/RX xxxx).

Pasados máis de catro meses sen convocatoria de mesa de negociación, e por tanto sen contestación ás solicitudes efectuadas por este sindicado, pasamos a reiterar as peticións de convocatoria de mesas técnicas e/ou sectoriais:

Escrito de data 11 de xaneiro, número de rexistro 3020/RX 68502. Convocatoria mesa para negociar unha resolución que comprenda entre outras cuestións, compensación horaria e económica para o persoal destinados nos SCACE, con motivo de ter que realizar actuacións xudiciais fóra da xornada laboral (horario diúrno, nocturno, sábados, domingos e/ou festivos).

Escrito de data 05 de abril, número de rexistro 48002/RX 979016. Reitérase convocatoria de mesa para negociar o exposto no punto anterior. (compensación horaria e económica para persoal do SCACE).

Escrito de data 04 de maio, número de rexistro 58506/RX 1192824. Convocatoria mesa de negociación sobre a futura bolsa de interinos.

Escrito de data 05 de maio, número de rexistro 57925/RX 1180015. Convocatoria para que a Dirección Xeral de Xustiza dite as correspondentes instrucións sobre horario a cumprir nas prolongacións de xornada durante o horario de verán.

Escrito de data 16 de maio, número de rexistro 64600/RX 1309151. Convocatoria mesa para negociar complemento salarial (penosidade) en oficinas de rexistro e repartición, decanatos e oficinas de xulgados e tribunais que conserven a función de recepción e rexistro de escritos, ao non poder flexibilizar o horario para garantir a presentación de escritos ata as 15.00 horas, sobre todo na xornada reducida de verán e semana grande.

Escrito de data 18 de maio, número de rexistro 64599/RX 1309093. Solicitude punto orde do día en mesa, para que a Dirección Xeral de Xustiza explique a adxudicación de prolongacións de xornadas nas Fiscalias de Galicia impedindo que os traballadores poidan accedar a elas en igualdade de condicións, e tamén que expliquen a confección do manual de procedemento ás costas dos traballadores.

Escrito de data 01 de Xuño, número de rexistro 72538/RX 1442794. Convocatoria mesa para adecuar os cadros de persoal das Audiencias Provinciais de Galicia á situación real de traballo. En devandito escrito ademais esiximos a revogación das amortizacións practicadas desde o ano 2013 (xubilacións e concursos de traslado) e paralización das que a día da data non se materializaron.

▪ Por último lembrar que tal como solicitamos nas anteriores mesas, esiximos convocatoria inminente para negociar a orde de substitucións.

AXG-CUT solicita que o anterior se inclua como puntos do día na convocatoria de mesa que se anuncia para este mes de xuño. Subsidiariamente, caso de non ser posible, que nesa mesa se facilite cronograma de mesas para tratar todos os puntos expostos no presente escrito.

Galicia, 09 de xuño de 2017.

Responsable de acción sindical de Alternativas na Xustiza-CUT 
Javier Fernández Castro

Alternativas na Xustiza-CUT